presentación
Warning: mysql_connect() [
function.mysql-connect]: Lost connection to MySQL server during query in
/opt/lampp/htdocs/portal_plv3/portales/293.pistalocal.int/pontevedracultura/include/sql.inc on line
49
Warning: mysql_select_db(): supplied argument is not a valid MySQL-Link resource in
/opt/lampp/htdocs/portal_plv3/portales/293.pistalocal.int/pontevedracultura/include/sql.inc on line
64
Cultura e cidade, Pontevedra é cultura
As cidades toman a forma da súa identidade cultural, do modo en como xorden e circulan os intercambios simbólicos entre os seus axentes, entre os seus cidadáns. Pontevedra, ela enteira é cultura. Unha cultura fonda e real, que se define no estilo de vida da cidade, marcado por unha alta calidade.
Pontevedra culturalmente posúe características de seu que fan vivir a cultura dende unha perspectiva propia. No seu centro histórico cada recuncho, praza, soportal, cafetería, tenda, rúa, a cidade está afeita a asumir a súa dimensión como espazo para a cultura de todo o municipio, e as parroquias protagonizan e dinamizan un escenario socio cultural diverso, descentralizado e plural.
É un escenario, Pontevedra enteira, no que eclosionan todas as formas de cultura, a oral, a escrita, a plástica, a musical… e ao mesmo tempo toda a cultura nas súas formas, dende as tradicionais, como a pintura, a escultura, a artesanía e as festas,a música clásica e tradicional pero tamén as xurdidas na modernidade, a fotografía, o cinema ou a tira cómica, ata aquelas expresións de máis radical contemporaneidade, como son o jazz, o pop, o graffiti, o deseño ou o vídeo.
A actividade cultural que se desenvolve en Pontevedra da man das políticas municipais pretende ser coherente con esta comprensión da cultura que se define no intelectual e no artístico pero de forma destacada no social. É na creación e transmisión de ideas como valores intrínsecos á democracia cultural, así como nos conceptos de participación e valorización da nosa lingua, no que se centran os eixes vertebradores da política desenvolta desde esta área.