(28/11/2208) Como complemento da mostra, que inaugurou o pasado 20 de novembro, o Museo de Pontevedra celebra un seminario de 3 días no que se analiza a produción do pintor lalinense.
(14/12/2009) A Concellaría de Cultura aposta un ano máis pola innovación educativa de aCentral Folque e volve pór en marcha a Aula Folque Infantil e o Laboratorio de Sons. O prazo de inscrición está xa aberto e as clases comezarán o vindeiro 15 de xaneiro.
(29/10/2009) A Casa das Campás acolle todos os luns de novembro relatorios de dez dos máis destacados creativos estatais, que comparten experiencias e chegan a Pontevedra da man do grupo Creatividade Galega.
(16/10/2009) Esta nova edición do memorial celebrarase entre o 26 e o 29 de outubro no sexto edificio do Museo de Pontevedra e adentrarase en diferentes aspectos da peregrinación a Santiago.
(08/09/2009) A asociación músico-cultural San Martiño inicia setembro cun curso de ‘Informática musical’. En outubro, Franco Cesarini e Rafael Pascual-Vilaplana impartirán o ‘II Curso de dirección de banda’ e o ‘I Curso de composición para banda’.
(17/08/2009) ‘Galicia medieval: reino e lingua’ é a temática que centra a décima edición dunhas ‘Xornadas da Historia’ que complementan a unha Feira Franca adicada ao ‘Amor, escanio e maldicir’. As xornadas celébranse na Casa das Campás os días 25, 26, 27 e 29 de agosto.
(23/07/2009) A Universidad Internacional Menéndez Pelayo -UIMP- celebra un encontro en Pontevedra, ‘A Guerra da Independencia en Galicia: derrota e victoria (1808-1809)’, que se suma aos actos que conmemoran o bicentenario dese suceso.
(23/06/2009) O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle unha nova edición deste curso, que este ano conta coa arxentina Silvia Zotta e o español Rafa Pérez como artistas convidados. Será do 13 ao 18 de xullo e o prazo de inscrición está xa aberto.
(22/05/2009) A sede de Pontevedra da UNED acollerá do 6 ao 10 de xullo a vixésima edición dos seus cursos de verán, para os que a matrícula está xa aberta. A arte prehistórica, a comunicación, as novas tecnoloxías e a capacidade de liderazgo de Obama estarán presentes nun total de sete cursos.
(31/03/2009) ESDEMGA, Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galicia, celebra unha nova edición do programa de conferencias ‘Os xoves de moda’, coa participación dos deseñadores José Castro e Juanjo Oliva, o ‘coolhunter’ Jaume Vidiella, e a ilustradora Silvia Prada.